Vítimas de Angrois serán recibidas este martes polo vicepresidente primeiro do Goberno de España, Carlos Cuerpo, encargado tamén da área de Transportes. Tras reunirse con afectados polo sinistro de Adamuz, agora a plataforma de Angrois pediralle que se aprenda das traxedias pasadas e que se revise a investigación técnica oficial que no seu día se fixo do accidente de Santiago, descualificada pola UE.