29N O BNG pide participar en La Revuelta. A formación nacionalista fai esta demanda a TVE porque a súa presenza pode "contribuír a achegar a política a públicos que habitualmente non seguen os formatos informativos tradicionais" e cre que é "unha oportunidade" que "non pode quedar limitada a determinadas formacións políticas, deixando fóra outras forzas que tamén contan con representación no Congreso e que representan unha parte importante da cidadanía”. O Bloque tamén solicita a TVE un debate electoral territorial entre as candidaturas galegas ao 29N.