Rueda reúnese no Brasil coas representacións oficiais da emigración galega no mundo en plena controversia polo voto exterior e ás portas da campaña do 29N. O presidente da Xunta viaxa ao Rio de Janeiro para presidir o XIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas, o órgano composto polo Goberno galego e as entidades inscritas no Rexistro da Galeguidade, que desta volta se reúne na Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada da cidade brasileira, na que Rueda tamén celebra un acto de presentación do Xacobeo 2027. Na imaxe, Rueda no Brasil na súa anterior visita oficial, en 2024. Durante a viaxe, como en anteriores ocasións, o despacho dos asuntos do presidente asúmeo o conselleiro da Presidencia, Diego Calvo.