O Consello da UE debate este martes a oficialidade do galego, o catalán e o vasco nas institucións comunitarias. España responderá no Consello de Asuntos Xerais a todas as dúbidas dos países sobre a petición para tornar oficial as tres linguas. Na anterior xuntanza, ningún Estado vetou esa posibilidade. Foto: EU Council Press. O ministro de Exteriores, José Manuel Albares, ofrece a que o Goberno español asuma "de maneira completa e total" os custos da oficialidade e aclara que a ampliación de idiomas oficias abranguería só o caso español.
