O peronista Sergio Massa gaña a primeira volta das eleccións presidenciais en Arxentina e enfrontarase na segunda volta ao anarcoliberal Javier Milei, que aspira a recoller o voto que agora foi á conservadora Patricia Bullrich. Mass obtivo un 36,6%, Milei un 30% e Bullrich, herdeira política do ex-presidente Mauricio Macri, o 23,8%. A segunda volta será o 19 de novembro. [Foto: @SergioMassa]
