A catedrática de Enxeñaría Química da Universidade de Vigo Herminia Domínguez González ingresou este mércores como académica numeraria da Real Academia Galega de Ciencias. No seu discurso, Herminia Domínguez [na imaxe ©RAGC, terceira pola esquerda] centrouse no aproveitamento racional e completo da biomasa vexetal.
Así mesmo, a nova académica apostou por "ampliar e aplicar os coñecementos científicos que permitan desenvolver tecnoloxías máis limpas e eficientes para o fraccionamento e a conversión da biomasa renovable nas futuras biorrefinerías".
