O judoka madrileño con licenza galega Fran Garrigós, do club FAMU de Vigo e con consideración de Deportista Galego de Alto Nivel para a Xunta, logra a medalla de bronce na categoría de -60 kg nos Xogos Olímpicos de París. [Imaxe: Consello Superior de Deportes]
Fálase
O maquinista do Alvia, Francisco José Garzón, e o ex-director de Seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte, condenados a cadanseus dous anos e medio de prisión polo accidente de Angrois. A xuíza considéraos culpables de 79 homicidios e 143 lesións imprudentes. A sentenza, que chega once anos despois do sinistro, sinala que as causas do acontecido foron a ausencia de medidas para "mitigar o risco de circular cun sistema de seguridade que deixaba toda a responsabilidade en mans do condutor" e o descoido que este sufriu. Máis información, hoxe en Praza.gal
- EN ACTUALIZACIÓN 👉 Angrois non foi só un descoido: condenados o ex-xefe de seguridade do Adif e o maquinista
- Vítimas de Angrois alertan en vésperas da sentenza de que "o Estado volveu ao pacto da curva para sinalar o maquinista"
- Undécimo aniversario do accidente de Angrois coa expectativa dunha sentenza inminente
O presidente do Parlamento realiza a ofrenda da Casa Real ao Apóstolo na Catedral de Santiago. Á Misa e á parada militar previa acudiu o presidente da Xunta co resto do Goberno galego, entre outros cargos como o delegado do Goberno de España ou o ex-presidente e actual líder estatal do PP, Alberto Núñez Feijóo. Na súa condición de delegado, Santalices foi recibido no Concello de Santiago pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, e outros membros da corporación municipal. [Imaxe: CC BY-SA David Cabezón / Xunta]
O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos rexeita por unanimidade o recurso da familia de José Couso, o cámara galego asasinado por soldados dos EUA na guerra de Iraq en 2003. Nun ditame feito público este xoves, o TEDH considera que a reforma da xurisdición universal aprobada polo Goberno de Rajoy, que provocou o peche do caso, non vulnerou os dereitos da familia a un xuízo xusto. O despacho de avogacía Red Jurídica, que representa á familia Couso, expresa a súa decepción pero advirte de que "non todo está perdido" xa que "só cómpre vontade política para volver á senda dunha xustiza universal respectuosa cos dereitos humanos". O ditame completo pódese ler nesta ligazón [Imaxe: CC-BY-NC-ND Adolfo Luján]
- HEMEROTECA | O Supremo confirma que o Estado debe indemnizar con 182.000 euros á familia de José Couso por non darlle protección diplomática
- HEMEROTECA | A Audiencia Nacional acusa o Estado de abandonar a familia de José Couso fronte aos EUA
- HEMEROTECA | A reforma do PP da xustiza universal obriga ao arquivo do caso José Couso
"A depresión é reaccionaria, non nos leva a ningures, di Castelao. Do laio ou do resentimento pouco podemos agardar". O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, apela a unha "alba de esperanza" no Día Nacional de Galicia nunha tribuna divulgada pola institución na que apoia a súa reflexión no histórico discurso Alba de Groria de Castelao. [Imaxe divulgada pola RAG]
Luís Tosar, Zaza Ceballos e a Academia Galega do Audiovisual recibiron este mércores as Medallas de Ouro de Galicia de mans do presidente da Xunta. Alfonso Rueda sinalou que este recoñecemento é extensivo a todo o sector audiovisual do país e erixiu as persoas e entidades homenaxeadas en "exemplos inspiradores de todo o bo que ten Galicia". Na imaxe Tosar, Ceballos e o presidente da AGA, Álvaro Pérez, xunto ao conselleiro Diego Calvo, na súa calidade de chanceler das Medallas. [Imaxe: CC BY-SA David Cabezón / Xunta]
Falece Sito Sedes, histórico cantante da orquestra Los Satélites e emblema da música popular e da verbena galega. Sedes, considerado discípulo musical de Pucho Boedo, tamén encabezou a Los Tamara para lembralo no disco Carta a un amigo. Na imaxe, Sito Sedes cantando con Los Satélites durante unha homenaxe que recibiu no barrio coruñés de Matogrande en 2021 [© Concello da Coruña]
Vítimas do accidente de Angrois vólvense manifestar en Santiago once anos despois do sinistro e á espera da primeira sentenza xudicial sobre o caso, que prevén "inminente". Máis información, hoxe en Praza.gal.
Este mércores comezan as primeiras competicións nos Xogos de París, que se inauguran o venres. A Xunta puxo en marcha de novo o portal Galicia Olímpica, un espazo dixital dedicado a visibilizar os e as deportistas galegas que compiten nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos. Unha trintena de deportistas do país participan estes días nas distintas disciplinas, con varias opcións de metais que sumar á nosa lista de medallistas históricos. Imaxe: Nicolas Michaud (CC BY-NC-ND)
Dous falecidos de Vigo e Baiona e un desaparecido de Ribeira, no naufraxio do Argos Georgia, nas Malvinas. Dos seis falecidos no naufraxio do buque palangreiro, había un veciño de Vigo, que resultou ser o patrón de pesca e outro, o cociñeiro, era de Baiona. Un dos sete desaparecidos é de Ribeira, ao igual que tres dos 14 superviventes, segundo informa Europa Press.