Un home asasina unha muller na Coruña, no barrio da Sagrada Familia. Os feitos tiveron lugar ao redor das 6.30 da mañá. A Policía, que detivo o agresor, está xa a investigalo como un crime de violencia de xénero, pois fontes apuntan a que se trataría da súa parella ou ex-parella. De confirmarse, trataríase do terceiro asasinato dunha muller a mans da súa parella ou ex-parella en Galicia no que levamos de ano, despois dos que tiveron lugar en Campo Lameiro a finais de maio e no Bolo en abril. Ademais, nas últimas semanas O Barco e Tomiño foron tamén escenario de intentos de asasinato.
