As Medallas Castelao deste ano serán para Luar na Lubre, Víctor Freixanes, o empresario Emilio Pérez Nieto, a médica Rosa Rodríguez Álvarez e a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica. O presidente xustifica os galardóns polo 40 aniversario do grupo musical, a traxectoria de quen foi tamén presidente da RAG, a relevancia do grupo empresarial Pérez Rumbao que preside Pérez Nieto ou o traballo de todos os profesionais de atención primaria que simboliza a agora xubilada doutora Rodríguez. As Medallas Castelao entréganse cada 28 de xuño cadrando co aniversario do regreso a Galicia dos restos de Castelao en 1984 e tamén do plebiscito do primeiro Estatuto galego, en 1936 Na imaxe, actual formación de Luar na Lubre [© Luar na Lubre]
