Nova cita para o xuízo rápido a Baltar por conducir a 215 km/h o coche oficial. A xuíza da Pobra de Seabra desbota os recursos formulados polo avogado do presidente da Deputación e do PP de Ourense, "nos que solicitaba a suspensión do sinalamento e a nulidade das actuacións", e cítao para este xoves ás 9 da mañá "de maneira presencial ou telemática", segundo confirman fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Castilla y León.
