O líder do PP, Pablo Casado, defende no Congreso que "falando de memoria histórica, a guerra civil foi un enfrontamento entre quen querían a democracia sen lei e quen querían a lei sen democracia". Afirmouno en resposta á comparecencia de Pedro Sánchez a petición propia sobre os indultos aos líderes independentistas cataláns e mais a respecto do último Consello Europeo. Casado reclamou tamén que Sánchez "dimita" nun discurso que foi respondido con aplausos da bancada do PP, posta en pé.
- HEMEROTECA | 'Dores', o documental que deita luz sobre a escuridade dos campos de concentración franquista en Galicia
- HEMEROTECA | Os franquistas tentaron roubar cartos da campaña do Estatuto do 36 mentres mataban os seus promotores
- HEMEROTECA | Saúdos fascistas e sorrisos conxelados: retratos de Galicia tras o golpe franquista