Paula Alvarellos, actual voceira do Goberno local e concelleira de Sostibilidade Urbana e Recursos Internos, será a nova alcaldesa de Lugo, en substitución de Lara Méndez, número 2 da lista do PSdeG pola provincia lucense ás eleccións do 18F. O Grupo Municipal do Partido Socialista anunciou a decisión esta tarde e Alvarellos (terceira pola esquerda na imaxe) será investida alcaldesa o vindeiro xoves nun pleno extraordinario
