Un cento de persoas convocadas polo Concello de Ribeira e Greenpeace limpan pellets nas praias de Balieiros e As Barreiras, preto do cabo Corrubedo, o lugar onde chegaron os primeiros sacos de plásticos o 13 de decembro. Este longo areal forma parte da Zona de Especial Conservación Complexo Húmido de Corrubedo, na Rede Natura 2000.
