A asociación Dereito a Morrer Dignamente concéntrase en Santiago polo Día da Morte Digna en Galicia, na data do aniversario da morte de Ramón Sampedro. Dende hai xá 26 anos este é un día sinalado na reivindicación da liberdade das persoas e na defensa do seus dereitos, tamén na etapa final das súas vidas. Este colectivo solicitou no Parlamento un recoñecemento oficial desta data ao considerar que "contribuirá ao progreso na atención e coidado ás persoas na etapa final da súa vida, ao respecto á súa autonomía e liberdade, e ao progreso da morte digna".
