A Xunta confirma que "o vindeiro luns", 5 de xullo, activará o sistema de autocita para a vacinación da COVID-19 das persoas menores de 40 anos, segundo vén de concretar Feijóo, que non especifica que rangos de idade concretos poderán comezar a usalo. A Consellería de Sanidade avanzara que este sistema, paralelo á citación a través de SMS por orde de idade, está concibido para "encher ocos" e condicionado, como toda a campaña, ao fornecemento de doses.
