A Audiencia Nacional seguirá deliberando mañá sobre os recursos contra a prórroga de ENCE en Pontevedra, prolongando a tarefa iniciada a pasada semana por mor "da complexidade do procedemento". Así o fixo público Greenpeace, que xunto á APDR e ao Concello de Pontevedra recorreu a prórroga outorgada polo Goberno de Rajoy en funcións no ano 2016 para que a pasteira poida seguir en Lourizán ata 2073. (Imaxe: © Greenpeace)
