Israel deporta a Ana Miranda, eurodeputada do BNG. "Despois de moitas horas de agarda, non me permite a entrada como membro da Delegación de Relacións con Palestina do Parlamento Europeo" e "expúlsanme no primeiro voo a Madrid", relatou Miranda dende Tel Aviv a través das redes sociais. En 2015, as autoridades israelitas xa a deportaran durante a súa participación na III Flotilla da Liberdade, que buscaba rachar o bloqueo marítimo ao que Israel somete á franxa de Gaza.
Fálase
Dimiten a secretaria de Estado de Transportes, a lucense Isabel Pardo de Vera, e o presidente de Renfe pola polémica da encarga de trens que non collerían polos túneles. A nova foi avanzada pola Cadena SER e chega despois de que xa fosen cesados outros dous cargos intermedios de Adif e Renfe.
Os galegos Jaime de Olano e Ana Pastor, que seguen con Feijóo, entre os executivos de Casado que o apoiaron antes da traizón, segundo conta El País. O xornal revela mensaxes internas de aval á denuncia de Casado contra Ayuso por suposta corrupción.
O tráfico entre Galicia e Portugal desviarase polo centro de Tui na noite do xoves ao venres polas obras da Xunta na Vía do Baixo Miño. A A-55, que enlaza en Valença coa A3 lusa, cortarase por completo nos dous sentidos entre as 10 da noite do xoves e as 6 da mañá do venres. A Xunta divulgou un plano co itinerario alternativo no que emprega o topónimo deturpado ‘Tuy’.
A Xunta impulsa unha lei de cultura inclusiva para apoiar a creación e o acceso á cultura de persoas con discapacidade, minorías étnicas, inmigrantes ou persoas transexuais. O Goberno galego iniciou este venres a exposición pública do anteproxecto, que di que “as administracións públicas fomentarán a pluralidade e a diversidade nas distintas actividades e manifestacións culturais e poñerán especial atención na necesidade de incluír todas as perspectivas, así como os distintos colectivos”.
O alcalde de Beade desde 1974, Senén Pousa, admirador de Franco, presentarase ás municipais de maio como independente tras un enfrontamento co PP.
Rueda premia o Concello de Madrid e Ana Rosa Quintana polo “éxito colectivo” do Xacobeo 21-22. A Xunta organiza unha gala na que outorga 22 recoñecementos a persoas e entidades e anima a seguir camiñando a Galicia durante a próxima “década xacobea”.
- HEMEROTECA (31/12/2022) | Tras o “bienio xacobeo”, a Xunta prepara xa a “década xacobea”
- HEMEROTECA (29/12/2022) | Feijóo nomea o xornalista Carlos Herrera quinto Embaixador do Camiño, tras Rajoy, os reis e Vicente Del Bosque
Falece Moncho Díaz, músico e membro de Fuxan os Ventos dende 1980. Na imaxe, nunha sesión fotográfica de Xoán Piñón no CGAC en 1999.
A Comisión Europea aproba o desembolso do terceiro pago de 6.000 millóns dos fondos Next Generation tras cumprir o Goberno de España coas reformas legais que comprometera. Cara ao seguinte fito, o cuarto, unha das reformas comprometidas é a das pensións. A presidenta da CE, Ursula von der Leyen, di que este pago "acredita o esforzo actual de España por impulsar as súas transicións ecolóxica e dixital" e "a súa propia resiliencia social e económica". "Doulle os parabéns, que siga traballando así de ben, que a Comisión está ao seu carón", engade a mandataria. Na imaxe, Von der Leyen con Pedro Sánchez nun acto sobre o Plan de Recuperación en 2021 [© Pool Moncloa / Fernando Calvo]
- Galicia recibiu en 2021 o 6% dos fondos europeos de recuperación distribuídos polo Estado, a sexta maior porcentaxe
- Abanca encabeza o control privado da empresa para captar fondos europeos promovida pola Xunta, que pon o 40% do capital
- NextGenerationEU, PERTE, Proxecto tractor: guía para non perderse nas axudas á recuperación tras a COVID que chegarán a Galicia
- A Xunta fai unha lista de proxectos públicos para optar aos fondos da UE e non revela os privados por "confidencialidade"
Correos emitirá o 23 de febreiro 124.000 selos coa imaxe do mural de Xulio César deseñado por Diego As xunto a muralla de Lugo. O BOE fai oficial este venres a emisión do selo, que recoñecerá a elección como Mellor mural do mundo 2021. [Imaxe: CC-BY-SA Praza.gal]