Morre aos 87 anos en Pontevedra José Luis Torrado O Bruxo, masaxista, preparador físico e curandeiro que traballou como recuperador deportivo da selección española de atletismo en cinco xogos olímpicos entre 1968 e 1996. Traballou tamén coa selección española de baloncesto, con clubs coma o OAR Ferrol, o Teucro de Pontevedra e o Breogán de Lugo e atletas como Iván Raña. Foi tamén masaxista do ex-presidente da Xunta, Manuel Fraga. Adianta a información Pontevedra Viva.
