O PP accede ao goberno da Comunitat Valenciana da man de Vox tras dúas lexislaturas consecutivas da esquerda. Feijóo sinala a investidura do seu candidato, Carlos Mazón, da man da extrema dereita como garantía de "moderación". Este venres, a candidata do PP en Extremadura, María Guardiola, tamén logrará o goberno grazas á extrema dereita. Na imaxe, as Corts Valencianes, agora presididas por Vox polo devandito pacto bipartito. Máis información, en infoLibre
