O Parlamento Europeo aproba a proposición de lei de restauración da natureza malia ao voto en contra do PP e da extrema dereita. O texto, co deputado socialista César Luena como relator, saíu adiante con 336 votos a prol, 300 en contra e 13 abstencións. Entre as medidas contempladas na norma figura que o 20% das áreas terrestres e marítimas da Unión Europea conten con políticas de recuperación de aquí a 2030 e outras accións para combater a crise climática. Na imaxe, un intre da sesión plenaria en Estrasburgo [© Parlamento Europeo]
