O Supremo rebaixa a condena a Francisco Fernández Liñares, ex-presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, por suborno e prevaricación. O que tamén fora edil socialista en Lugo foi condenado pola Audiencia Lucense en 2021 a 5 anos de cadea e 20 de inhabilitación e agora o alto tribunal estima que houbo "falta de motivación" nas condenas impostas e agrega que non ve "razóns concretas" que "xustifiquen exacerbar" as penas alén dos mínimos previstos, polo que as deixa en 4 anos e medio de prisión e 8 e medio de inhabilitación. Si ratifica que Liñares adxudicou obras da CHMS "a empresarios cos que se puxera de acordo a a cambio de diñeiro ou prestacións de traballo nas súas propiedades". Na imaxe, Liñares tomando posesión como presidente da CHMS en 2009.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/5301ffec0be01-li-7095b19.png)