Monbus suspende dende mañá, 14 de xullo, o desconto adicional do 45% nos seus traxectos de concesións da Xunta onde compite co tren, que sumado á subvención pública do 50% derivaba en viaxes con custo reducido ao 95%. A principal concesionaria do sector en Galicia alega "falta de persoal de condución e outros problemas como a suba de custos xeral". "A necesidade de manter o equilibrio económico dos contratos e unha mínima rendibilidade económica obriga agora a frear a campaña", afirman nun comunicado.
