23X | A CRTVG confirma que os participantes no seu único debate electoral polas xerais serán Miguel Tellado (PP), José Miñones (PSdeG), Néstor Rego (BNG) e Marta Lois (Sumar). Emítese mañá, venres, ás 10 da mañá na TVG, na Radio Galega e no sitio web da corporación e será redifundido pola G2 ás 22:45 h. O moderador será Luis Ojea. Na imaxe, debate electoral na CRTVG polas eleccións xerais de 2019.
