O Corno, primeira longametraxe en galego que aspirará á Cuncha de Ouro no Festival de Donostia. O filme de Jaione Camborda, protagonizado por Janet Novás -na imaxe- e ambientado na Illa de Arousa en 1971, conta a historia dunha muller que asiste en partos e que "tras un horrible suceso, se ve obrigada a fuxir pola ruta do contrabando cara a Portugal". [Imaxe: © Esnatu Zinema]
