A Fundación Globo de San Roque comunica que este ano non se lanzará o globo de Betanzos, considerado o globo de papel máis grande do mundo. A entidade comunica que os traballos de elaboración do aeróstato comezaron con atraso e non chegarán a tempo para o lanzamento. O globo adoita lanzarse na noite do 16 de agosto, nas festas de San Roque, unha tradición introducida a comezos do século XIX e que se consolidou a partir de 1875.
