Pedro Sánchez anuncia un "abono único de transportes" para todo o Estado por 60 euros ao mes para o conxunto da poboación adulta e 30 euros para menores de 26 anos. O novo abono, avanza o presidente do Goberno de España no seu balance de fin de ano, estará en marcha "na segunda quincena de xaneiro" e servirá, exemplifica, para trens de media distancia e de proximidade -destes últimos Galicia carece, pero o Ministersio de Transportes ten en marcha un estudo ao respecto- e mais autobuses estatais. A súa creación, concreta, chegará pola vía do Real Decreto-Lei, polo que para seguir vixente precisará do visto e prace do Congreso dos Deputados.
- HEMEROTECA | A Xunta nega ter competencia ferroviaria ante a posible implantación do tren de proximidade
- HEMEROTECA | Así entramos cada día nas cidades galegas: máis de 800 mil coches á espera da mellora do transporte metropolitano
- HEMEROTECA | Unha Galicia metropolitana e de proximidade: o 60% dos desprazamentos son de menos de 20 quilómetros