José Tomé rexistra a dimisión como presidente da Deputación de Lugo e seguirá en funcións ata o día 30, momento no que asumirá o cargo temporalmente o vicepresidente, Efrén Castro (BNG) ata que se celebre o pleno que elixa a nova presidencia, o 14 de xaneiro. No escrito de renuncia expresa a súa intención de continuar como deputado provincial non adscrito mentres o PSdeG reitera a reclamación de que entregue a acta. Máis información, hoxe en Praza.gal.
- AMPLIAMOS 👉 Mulleres do PSdeG reclaman "máis garantías" contra o acoso co partido pendente da saída de Tomé
- A permanencia de Tomé faino imprescindible na Deputación de Lugo e clave cara a 2027
- Tomé dimite como presidente da Deputación e secretario provincial do PSdeG pero segue como alcalde
- Varias mulleres denuncian no PSOE acoso sexual de José Tomé, que o nega