A nova entidade estatal de vivenda, Casa 47, anuncia que a súa primeira convocatoria de pisos en alugueiro accesible inclúe 67 en Vigo e disponse a lanzala "antes do Nadal". Durante unha visita á cidade, a ministra de Vivenda avanza que esta primeira convocatoria "piloto", con outros 67 pisos en zonas afectadas polas riadas de València e 37 en Asturias, servirá para "avaliar o proceso de adxudicación, ad emanda e o perfil de solicitantes", sinala Isabel Rodríguez. En Vigo, especificou canda o alcalde, Abel Caballero, os alugueiros serán a 8,8 euros o metro cadrado, "un 35% por baixo do prezo do mercado" en contratos "de longa duración, ata 75 anos, comezando con 14 con posibilidade de prórrogas suxeitas ao cumprimento das condicdións". [Imaxe: © Concello de Vigo]
- As peticións de pisos protexidos dispáranse un 30% na Galicia urbana en menos dun ano
- Mercar ou alugar? O custo do arrendamento supera xa ás cotas das hipotecas en Galicia
- Cinco vivendas protexidas rematadas en 2024 en Galicia evidencian o lastre dunha década de parálise
- Rueda esgrime a fin da parálise da vivenda ante Pontón, que esixe "non xogar coa ilusión da xente"