Santiago celebra este xoves a recepción oficial e inicio da exposición das esculturas do Mestre Mateo recuperadas tras 70 anos de espolio dos Franco. O acto organizado polo Concello no Museo do Pobo Galego, que acolle as pezas dende a pasada semana, poderá seguirse ao vivo a través desta ligazón. Nel están previstas intervencións da alcaldesa, Goretti Sanmartín, e representantes dos dous gobernos municipais previos, o encabezado por Martiño Noreiga, que iniciou o preito para recuperar as estatuas, e o liderado por Xosé Sánchez Bugallo, que o continuou. [Imaxe: © Concello de Santiago]