O líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, remite unha carta á militancia sobre as denuncias de acoso sexual a José Tomé, a quen volve pedir que non só deixe o partido senón tamén a alcaldía de Monforte e o escano como deputado provincial.
O líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, remite unha carta á militancia sobre as denuncias de acoso sexual a José Tomé, a quen volve pedir que non só deixe o partido senón tamén a alcaldía de Monforte e o escano como deputado provincial.
A nova entidade estatal de vivenda, Casa 47, anuncia que a súa primeira convocatoria de pisos en alugueiro accesible inclúe 67 en Vigo e disponse a lanzala "antes do Nadal". Durante unha visita á cidade, a ministra de Vivenda avanza que esta primeira convocatoria "piloto", con outros 67 pisos en zonas afectadas polas riadas de València e 37 en Asturias, servirá para "avaliar o proceso de adxudicación, ad emanda e o perfil de solicitantes", sinala Isabel Rodríguez. En Vigo, especificou canda o alcalde, Abel Caballero, os alugueiros serán a 8,8 euros o metro cadrado, "un 35% por baixo do prezo do mercado" en contratos "de longa duración, ata 75 anos, comezando con 14 con posibilidade de prórrogas suxeitas ao cumprimento das condicdións". [Imaxe: © Concello de Vigo]
Santiago celebra este xoves a recepción oficial e inicio da exposición das esculturas do Mestre Mateo recuperadas tras 70 anos de espolio dos Franco. O acto organizado polo Concello no Museo do Pobo Galego, que acolle as pezas dende a pasada semana, poderá seguirse ao vivo a través desta ligazón. Nel están previstas intervencións da alcaldesa, Goretti Sanmartín, e representantes dos dous gobernos municipais previos, o encabezado por Martiño Noreiga, que iniciou o preito para recuperar as estatuas, e o liderado por Xosé Sánchez Bugallo, que o continuou. [Imaxe: © Concello de Santiago]
CIG-Ensino e STEG péchanse na Consellería de Educación "ata ter data de reunión co conselleiro" en vésperas da nova folga de profesorado, que ambas organizacións impulsan para os vindeiros días 16 e 17. O peche dunha quincena de delegados e delegadas en San Caetano prodúcese, explican, "despois de coñecerse polos medios de comunicación que se está negociando o adianto da baixada de ratios e da redución horaria en Secundaria" deixando "á marxe ao sindicato maioritario", a CIG-Ensino. "Permaneceremos aquí até ter unha data de reunión e mantemos as folgas da vindeira semana que coincidirán coa aprobación dos orzamentos da Xunta para 2026", sinala Laura Arroxo, secretaria nacional da CIG-Ensino. [Imaxes: CIG-Ensino]
Clun e Leite Celta únense para crear un gran grupo lácteo, cun volume de negocio de 600 millóns, 1.400 produtores e 800 empregados. Corporación Rural Láctea (CoRural), que agarda polo visto e prace de Competencia, terá a súa sede social en Santiago, segundo anunciaron hoxe ambas empresas.
O Goberno de España envía ás Cortes a lei para asumir ata 83.252 millóns de euros da débeda das autonomías "que queiran", 4.010 deles de Galicia. O presidente da Xunta, en liña coa dirección do PP, vén reiterando o seu rexeitamento a esta medida, que descualifica como un "mal negocio" que Galicia "non necesita" e "non soluciona nada", cre Alfonso Rueda. Tanto o BNG coma o PSdeG instan o Goberno galego a aceptar a medida e os soberanistas subliñan que esa condonación é parte do acordo que Bloque e PSOE asinaron para a investidura de Pedro Sánchez. [Imaxe: Pool Moncloa / José Manuel Álvarez]
Liberado nos Ancares o voite negro rescatado no recinto feiral do San Froilán de Lugo o pasado outubro. Tras case dous meses no Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Veral, onde chegou "nun estado moi feble debido á baixa temperatura corporal e a unha lixeira deshidratación", explica a Consellería de Medio Ambiente, "deu rapidamente mostras de recuperación". Ten arredor dun ano de vida e pesa uns catro quilos e medio. "Para a súa liberación tivéronse en conta tanto as medidas hixiénico-sanitarias para evitar a introdución de enfermidades ou patóxenos no medio natural como as condicións ambientais", agrega Medio Ambiente sobre este exemplar xuvenil dunha especie "pouco habitual en Galicia". [Imaxe: CC BY-SA Xunta]
Ditada a sentenza do fiscal xeral do Estado: o Supremo condena a Álvaro García Ortiz baseándose na nota de prensa que non viu ilícita ao admitir o caso a trámite, informa infoLibre. Os cinco maxistrados conservadores da Sala ven probado que o xa ex-titular da fiscalía xeral filtrou un correo con datos do caso do noivo de Díaz Ayuso mentres que as dúas maxistradas consideradas da órbita progresista consideran, nun voto particular, que non existen probas ao respecto.
Activada a alerta laranxa por vento no oeste e suroeste da Coruña. A Xunta vén de activar para este martes a alerta laranxa por vento no oeste e suroeste da provincia da Coruña. Ademais, mantense o nivel de aviso laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e de Lugo. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a alerta laranxa por vento activarase desde últimas horas do día de hoxe e agárdanse refachos de vento de ata 100 quilómetros por hora. A Xunta informa de que se suspende a actividade no exterior nos centros educativos e a actividade deportiva federada e do programa Xogade no exterior
Sirât, de Oliver Laxe, candidata a mellor filme estranxeiro e mellor banda sonora nos Globos de Ouro. A cinta do director galego competirá no apartado de mellor película de fala non inglesa c'O axente secreto ou A voz de Hind.