PARO REXISTRADO | As inscricións nas oficinas de emprego diminuíron en 2.677 durante o mes de abril en Galicia (-2,08% e na media estatal, -2,22%) e quedan en 126.334, outro mínimo dende que hai datos comparables. Son 13.009 menos que un ano antes (-9,34% interanual, máis do duplo que a media, situada no -4,37%). No mesmo mes, a afiliación media á Seguridade Social aumentou en 6.740 persoas (+0,63%) e chega aos 1,068 millóns, o que supón un aumento do 1,72% interanual. Na media estatal, o incremento da afiliación media é do 0,95% e supón superar o fito dos 21 millóns de persoas cotizando á Seguridade Social, un 2,36% máis que un ano antes.