O Concello de Viveiro celebrou este sábado o nomeamento do atleta Adrián Ben como fillo predilecto en recoñecemento "aos seus valores humanos e profesionais" como "figura do atletismo", "demostra o seu sexto posto no Mundial de Doha en 2019 e a histórica quinta praza que acadou nos Xogos Olímpicos de Tokio en 2021 na modalidade de 800 metros lisos". A alcaldesa viveirense, María Loureiro, sinala que "a participación de Adrián Ben nos Xogos Olímpicos foi unha luz ao final do túnel que encheu de ilusión as nosas rúas e os nosos fogares" tras o peor da pandemia. [Imaxe: © Concello de Viveiro]
