SOS Sanidade Pública convoca unha nova manifestación o vindeiro xoves en Vigo para exixir a "reconstrución" da área sanitaria. Varias plataformas anunciaron a súa adhesión a unha marcha que pretenden denunciar a "deterioración" constante da sanidade pública galega.