A Xunta convoca 803 prazas de acceso libre na administración xeral na oferta pública de emprego deste ano. A OPE 2025 do Goberno galego na administración xeral é dun total de 1.103 prazas, con 300 de promoción interna e 803 de libre acceso. Destas 160 serán para persoal de limpeza e cociña, 138 de loita contra incendios, 130 para corpos administrativos, 108 para persoal coidador de escolares con necesidades especiais, 60 para persoal subalterno ou 50 para técnicos de xestión ambiental.