María Rozas será a candidata de Compostela Aberta á alcaldía de Santiago en 2023. "Dou este paso con orgullo e responsabilidade, reivindicando o traballo feito por Compostela Aberta e o noso capital humano. Porque temos claro como é o Santiago que queremos, e porque sabemos da decepción co Goberno de Bugallo tras a caída do mito dos bos xestores", di a edil, que estivo arroupada no acto polo ex-alcalde Martiño Noriega e mais por Marta Lois, ata agora voceira municipal da formación. Rozas, actualmente concelleira na oposición, foi edil de Facenda no goberno de Noriega [Imaxe: CA]
