O Boletín Oficial do Estado publica hoxe a reforma do voto emigrante que suprime o sufraxio rogado e introduce outras novidades, como a descarga de papeletas por internet ou a depuración do censo. Volverán entrar en xogo case medio millón de potenciais votos en Galicia, dos que chegarían uns cen mil por elección se se rexistran taxas de participación semellantes ás previas ao voto rogado.
