A Comisión Antiviolencia propón sancionar 17 cidadáns polo incidentes nas etapas 12, 14 e 15 de La Vuelta, esta última entre A Veiga e Monforte de Lemos e as dúas primeiras en Cantabria e Asturias. As multas oscilan entre os 3.000 e os 4.000 euros así como a prohibición de acceso a eventos deportivos durante seis meses. As reunións da comisión son quincenais e o comunicado divulgado polo Ministerio de Interior non di aínda nada dos incidentes ocorridos na última semana da Vuelta, como os da etapa 16, con final en Mos que tivo que recortarse.
