Falece José María Castellano. O empresario galego, que fora vicepresidente de Inditex ou presidente de NCG Banco e Greenalia, morreu na Coruña aos 78 anos.

Falece José María Castellano. O empresario galego, que fora vicepresidente de Inditex ou presidente de NCG Banco e Greenalia, morreu na Coruña aos 78 anos.
Isabel Soto gaña o XXIII Premio de tradución Plácido Castro polo seu traballo na edición en galego da novela A herdanza Ferramonti, do autor italiano Gaetano Carlo Chelli, que publicou en Hugin e Munin. A tradutora viguesa xa recibira este premio na súa XVIª edición pola obra Fosca, de Iginio Ugo Tarchetti, publicada á súa vez pola editorial Hugin e Munin.
REPORTAXE | Hugin e Munin: "Estamos todo o día entre libros"
Besteiro sinala a ultradereita e á "dereita compracente" tras as pintadas con insultos na sede do PSdeG en Lugo. O secretario xeral dos socialistas galegos di que non permanecerán "indiferentes" ante este tipo de "atentados" que o partido vai "denunciar".
🇵🇸RTVE aproba retirarse do Festival de Eurovisión "se Israel continúa no certame". A proposta do presidente da corporación estatal, José Pablo López, saíu adiante no consello de administración por maioría absoluta con 10 votos a prol, 4 en contra e unha abstención, segundo vén de confirmar nun comunicado no que lembra que a decisión chega tras anuncios no mesmo sentido de Irlanda, Eslovenia, Islandia e Países Baixos. Televisión Española é a primeira do chamado Big Five -as televisións públicas que máis achegan economicamente á Unión Europea de Radiodifusión e que se clasifican directamente para a final de Eurovisión-.
Xa se pode ver o trailer de San Simón, o filme de Miguel Ángel Delgado que se proxectará no festival de San Sebastián o 25 de setembro. A película amosa o destino das persoas que foron represaliadas durante o funcionamento da illa como campo de concentración e colonia penitenciaria franquista. O filme foi rodado en galego na propia illa, en proceso de ser declarada Lugar de Memoria Democrática.
🇵🇸A comisión de investigación da ONU conclúe que "Israel é responsable de cometer un xenocidio en Gaza" e urxe a todos os Estados a "cumprir coas súas obrigas baixo a lei internacional para paralo" e "castigar os responsables". "Está claro que existe un intento para destruír o pobo palestino en Gaza a través de actos que encaixan nos criterios na Convención para a Prevención e o Castigo dos Crimes de Xenocidio", advirten. Na imaxe, ruínas de edificios bombardeados por Israel en Gaza [© UN News]
Feijóo sentencia que TVE "xa non é unha televisión pública", senón "un aparello propagandístico impúdico que acantoa a todos os bos profesionais que alí traballan" e "xa non informan, simplemente propagan". O colectivo Defende a Galega de persoal dos medios públicos galegos coida que "ao tentar describir RTVE", o ex-presidente e actual líder do PP "estaba, en realidade, retratando a súa propia obra na TVG e na Radio Galega". Na imaxe, as declaracións de Feijóo recollidas por Televisión Española.
O presidente de RTVE proporá ao Consello de Administración a retirada de España de Eurovisión se Israel participa no certame. Islandia, Irlanda, Países Baixos e Eslovenia xa anunciaron que non acudirán se o fai o Estado hebreo.
"Somos máis os que estamos contra dos lumes que os que estaban na manifestación", di Rueda sobre a marcha deste domingo en Santiago, que atribúe ao BNG. O presidente amosa o seu "respecto polas persoas que estaban de boa fe, algunhas soprendidas véndose rodeadas de consignas e bandeiras independentistas", e salienta que "o outro partido da oposición nin sequera compareceu".
Un incendio en Barreiros que obrigou a cortar a autovía A-8 deixa cinco bombeiros forestais feridos. Na imaxe, bombeiros forestais manifestándose este domingo en Santiago.