O Sergas detecta outros dous "posibles casos" de varíola do mono e envía as súas mostras ao Instituto Carlos III. Como no caso do detectado o pasado venres, son cadros "compatibles coa definición" desta doenza e están á espera "dun diagnóstico definitivo". "Á espera dos resultados definitivos, cómpre salientar que estas tres persoas se atopan estables", resalta a Consellería de Sanidade. Neste espazo de GCiencia e nestoutro da Axencia SINC é posible atopar máis información sobre a varíola do mono. Na imaxe (do CDC dos Estados Unidos), o virus visto ao microscopio.
