📚 Catro libros de edición galega son recoñecidos cos premios aos Libros Mellor Editados en España, que convoca o Ministerio de Cultura:
- ABC Seoane, de Piu Martínez, Cibrán Rico e Suso Vázquez, editado por Fabulatorio e a Fundación Luis Seoane foi galardoado co primeiro premio na categoría de Libro Infantil e Xuvenil.
- Miradas do camiño, de Manuel Quintana Martelo, editado por Teofilo Comunicación, levou o segundo premio na categoría de Libros de Arte.
- Eu non canto por cantar, unha selección do cancioneiro popular galego, de Manuel Rico e Antón Santamarina, editado por Fabulatorio, obtivo o segundo premio na categoría de Libro de Divulgación.
- Sonetos del amor oscuro, de Federico García Lorca, de Alvarellos Editora coa maquetación de Xacobe Neto Casas, foi recoñecido co terceiro premio na categoría de Libros Facsímiles.