Xa se coñecen as gañadoras e gañadores do VIII Concurso de microrrelatos, que organiza PuntoGal coa Real Academia Galega e a colaboración da revista Luzes. O xurado escolleu tres relatos en cada categoría: adulta, xuvenil e infantil, ademais de seleccionar seis textos finalistas. Presentáronse case mil historias cun máximo de 200 palabras. Os galardóns entregaranse o venres 18 de xullo nun acto na Fundación Luis Seoane e os tectos gañadores poderán lerse nunha edición especial en liña que se publicará nas páxinas web das entidades convocantes e en relatos.gal.
