Feijóo obtén o apoio dunha décima parte dos militantes que di ter o PPdeG. Segundo as cifras do partido, dos cen mil afiliados inscribíronse 11.600 persoas para participar nas primarias do PP estatal nas que Feijóo é o único candidato. Participou finalmente o 90,43% e o líder popular recibiu 10.342 votos, o 98,58% dos emitidos.
