Patricia García Sánchez cesa "a petición propia" como directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, cargo no que levaba dende xaneiro deste ano e ao que accedeu sendo Alfonso Villares conselleiro do Mar. O Consello da Xunta aprobou este luns o decreto co seu cese e outro co nomeamento de Cándido Rial Rodríguez para o posto. Ademais, o Goberno galego aprobou a remuda de Marta Villaverde, nova conselleira do Mar, na direccion xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, que estará dirixida por María de los Ángeles Vázquez Suárez. [Na imaxe de arquivo, Patricia García Sánchez na súa toma de posesión CC-BY-SA Xoán Crespo/Xunta]
