A Unión de Consumidores de Galicia reclama compras "racionais e responsables" para, especialmente no sector da alimentación, "evitar agravar as situacións de falta de abastecemento" derivada do paro no transporte. Neste sentido a UCGAL ve "urxente" que os gobernos "actúen de forma decidida" tanto para paliar a escalada de prezos como para "retornar á normalidade" na distribución.
