A Xunta comunica a aparición dun novo foco de coronavirus nunha granxa de visóns americanos de Abegondo que conta con 8.760 animais. Este gromo únese aos detectados nos últimos meses en granxas de Carral, Compostela e A Baña. En Galicia hai un total de 25 explotacións deste tipo, concentrando o 80% dos visóns existentes en todo o Estado. Grupos ecoloxistas veñen alertando dos riscos asociados a esta industria, que supón unha "bomba biolóxica" para a biodiversidade e, agora, un risco de expansión da COVID.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/vison-50f58f7-4b60728.png)