Atopados os corpos dos dous guerrilleiros buscados en Visantoña, segundo vén de comunicar a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica. A busca de José Galán Núñez e Manuel Ramiro Souto, enterrados nunha foxa común en 1952, comezou este martes.
Fálase
Falece un traballador en Padrón tras ser atropelado por unha pá mecánica nunha fábrica na parroquia de Iria Flavia. Segundo informa o 112, os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.
Morren dous mozos ao chocar a súa moto contra un camión na N-550 en Redondela.
Ánxel Casal, alcalde de Compostela en 1936, homenaxeado no Concello de Santiago 88 anos despois do seu asasinato polos golpistas. A alcaldesa, Goretti Sanmartín, asegurou que "a memoria histórica é de gran importancia" porque "axuda a resignificar os feitos a partir do presente poñendo en perspectiva o vivido no pasado". No acto "necesario" polo "compromiso coa verdade, a xustiza e a dignidade de todas as persoas silenciadas" que tivo lugar no Pazo de Raxoi tamén interviron o alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril; e o edil Juan Jesús Cerqueiro en representación do Concello de Teo. Sanmartín destacou o labor de personalidades como Casal ou María Miramontes, a súa compañeira de compromiso político e vida, que son "referentes para o noso país" grazas á súa loita.
Na tarde deste domingo quedou extinguido un incendio de 40,72 hectáreas en Ponteareas que ardía desde o venres. Foi o primeiro no que vai de verán de máis de 20 hectáreas, cifra a partir da cal informa a Xunta.
As fines de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Deixámosvos moito para lerdes e o luns estamos de volta
O BNG critica o "atraso" na publicación do informe anual sobre as actuacións contra a violencia machista do ano 2023, que a Xunta aínda non remitiu ao Parlamento. A deputada Noa Presas denuncia "a desidia do goberno da Xunta en materia de violencia machista", unha "desidia que vai na mesma liña da supresión da Secretaria Xeral de Igualdade no inicio deste mandato para diluíla en dúas direccións xerais", e avanza que o seu grupo presentará iniciativas na Cámara para ter acceso a eses datos.
Unha nova edición do denominado Ranking de Shanghai de universidades sitúa a USC entre as 501 e 600 mellores do mundo, a de Vigo entre a 801 e a 900 mentres que a da Coruña non figura. A nova valoración publicada este xoves supón unha mellora para a USC a respecto do pasado ano, cando se situaba no seguinte chanzo, mentres que a de Vigo cae desde o anterior nivel das 501-600.
A empresa concesionaria do servizo de recollida de residuos da Coruña despide o líder do Sindicato de Trabajadores de Limpieza (STL), Miguel Ángel Sánchez, que presionou os traballadores para forzar a extensión da folga e foi acusado de estafa, branqueo e corrupción entre particulares. Prezero tamén despediu outros dous traballadores, membros do comité de empresa, integrado na súa totalidade por membros do STL. [Na imaxe, un contedor do lixo queimado nun barrio da Coruña CC-BY-SA Praza.gal]
- HEMEROTECA | O conflito do lixo da Coruña remata despois de mes e medio cun STL debilitado
- HEMEROTECA | Medidas xudiciais e políticas pechan o cerco sobre o STL pero o lixo segue nas rúas da Coruña malia o alivio de Valoriza
- HEMEROTECA | Subornos, conflito, chantaxe e medo: a "rede criminal" ligada ao sindicato maioritario na limpeza da Coruña
Un home morre ao caer dunha altura duns 20 metros mentres traballaba nunha nave situada no lugar de Pazos, en Marcón (Pontevedra). Trátase da segunda morte en circunstancias semellantes nas últimas horas, onte perdeu a vida un traballador en Santiago. O falecido en Marcón pertence a unha empresa de reformas e servizos, mobilizouse unha ambulancia do 061 pero non puido facer nada para salvalo.