O Goberno de España recoñece a ilegalidade do proceso xudicial simulado polos golpistas para asasinar a Alexandre Bóveda. O líder galeguista, protagonista nun novo acto de reparación ás persoas represaliadas polo franquismo no que tamén foi recoñecido Xosé Fortes, membro da Unión Militar Democrática (UMD) que se opuxo á ditadura. Na imaxe, Amalia Bóveda, filla do economista e dirixente político represaliado, recolle o recoñecemento de mans de Pedro Sánchez.
- AMPLIAMOS 👉 O Goberno de España anula a sentenza simulada polos golpistas para asasinar a Alexandre Bóveda
- HEMEROTECA | O Día da Galiza Mártir gaña peso institucional con Bóveda como símbolo da democracia asasinada polos golpistas
- HEMEROTECA | "Non esquecer a barbarie para non repetir os erros": o Parlamento homenaxea á fin a Bóveda e as vítimas do franquismo