Rescatados con vida os tres tripulantes dunha embarcación pesqueira envorcada a sete millas de Porto do Son. Desde o Centro de Coordinación de Salvamento (CCS) de Fisterra inciden en que a alerta rápida salva vidas. Un dos mariñeiros avisou desde o seu teléfono móbil o 112, os tres caeron o mar e lograron manterse agarrados o barco. Foron rescatados pola embarcación Salvamar Regulus e mais polo pesqueiro Prajo Primero, que faenaba nas inmediacións. [Foto: Salvamento Marítimo]
