A Xunta Electoral estima unha denuncia do PSdeG contra Rueda. E resolve que o presidente da Xunta incorreu na prohibición do artigo 50 da LOREX con declaracións como “o meu obxectivo como candidato é ter esa maioría que me permita seguir gobernando...”, na rolda de prensa tras o Consello de Goberno do 18 de xaneiro.
