Rueda descualifica as taxas turísticas como "castigo" ao turismo ou "tiros no pé" mentres Santiago agarda que a Xunta lle permita aplicala . Así se pronunciou durante unha xornada organizada polo grupo hoteleiro Hotusa en Madrid baixo o lema La industria de la felicidad, na que compartiu coloquio co presidente de Asturias, Adrián Barbón. Territorios con alta actividade turística como Catalunya e Balears ou a cidade do Porto teñen en vigor taxas turísticas sen que conste unha repercusión negativa para o sector [Imaxe: CC BY-SA Xunta]
- HEMEROTECA | O Concello de Santiago fixa a renovación do transporte urbano e a taxa turística como retos deste 2024
- HEMEROTECA | A Xunta ábrese á implantación dunha taxa turística en Santiago que o PP sempre rexeitara
- HEMEROTECA | O pleno de Santiago aproba pedir á Xunta implantar unha taxa turística coa abstención do PP
